Rumboia #231: A Tajea

Rumboia #231: A Tajea

Mar | 19:00 | 19:11

A Tajea é unha agrupación de musical de Outes formada por seis mulleres cun estilo propio, elas mesmas defínense como un grupo moi festeiro. Teñen gaita pero non son gaiteiras. Teñen pandeireta pero non son pandeireteiras, todas cantan pero non son cantareiras. Poñen un aire novo e fresco á música tradicional. Os seus directos non deixan a ningúen indiferente e sempre conseguen sacar sonrisas do público.

A Tajea naceu polas ganas de festa, a primeira vez que tocaron xuntas foi nuns cantos de taberna no 2017, no concurso Ponte un Sancosmeiro, e dito e feito,puxeron o sancosmeiro e xa non o volveron a sacar. De feito, o sancosmeiro e os zocos son a súa seña de identidade cada vez que suben a un escenario.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar