Rumboia #235: A Banda das Crechas

Rumboia #235: A Banda das Crechas

Mar | 19:00 | 19:13

A Banda das Crechas é a faciana "dun universo colectivo que se comenzou a construír entre todos arredor da conversa, da arte, da música ao vivo, do amor polo propio e a curiosidade polo alleo" na santiaguesa Casa das Crechas. Un conxunto aberto, unha banda 2.0 na que músicos habituais e intérpretes ocasionais únense para manter viva a tradición, o son e a emoción da foliada. 

No 2010 fixeron a gravación do traballo 'ABDC', un  disco que é o rexistro dunha desas noites de canto e de baile, honrando a historia da Casa das Crechas que leva sendo dende mediados do século XIX. Dada a idiosincrasia da Banda e do disco, non caben todos os intérpretes, así que este traballo é tamén unha homenaxe a  autores anónimos e autores ben coñecidos que pasaron por este lugar, e unha homenaxe a todos aqueles espazos que, como a Casa das Crechas, son lugares de encontro e paixón.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar