Cara a cara #314: Bastián Hermo, Basti MCs
Mér | 19:00 | 19:24
Bastián Hermo vive a súa afección ao rap como organizador de eventos, xuíz en batallas de galos e tamén como freestyler (ou MCs), en solitario e xunto aos pontevedreses MKP Crew. Esta próxima fin de semana encárgase da Best Hit Battles que acompañará a Gaming Fest no Concello de Marín. Falamos deste xénero urbán con este mozo marinense, afincado en Pontevedra.
Fotografía: Mónica Patxot.