Os dez lanzamentos 21out2022
Ven | 17:00 | 17:38
Arrincamos desde a capital galega cun próximo álbum debut de Sinestesia, nese punto de saída está tamén Carlagas (Novedades Carminha) en solitario. E pasando ao metal, non desconectamos de Galicia porque Mago de Öz inclúe en 'Love and Oz II' unha colaboración con Luar na Lubre. Para os boomers os novos elepés de A-HA e de Simple Minds. Seguimos con tres mulleres: Meghan Trainor, Taylor Swift e Shakira. E toca desmonterarse para completar programa: a reedición de 'Honestidad brutal' de Andrés Calamaro, esta vez 'Honestidade brutal extra brut' e a presentación esta semana do vídeo e o tema que acompaña a película documental de León de Aranoa 'Sintiéndolo mucho', 15 anos de gravación xunto a Joaquín Sabina.