Cara a Cara #320: 'Artivismo'
Mér | 19:00 | 19:23
Nun momento no que o activismo ambiental está no foco, cuestionado por accións que atacan obras de arte para chamar a atención mediática, falamos neste podcast de 'artivismo' e facémolo con Manuel Alaníz, educador artístico de nacionalidade nicaraguense. Estes días está en Pontevedra a pedimento da iniciativa People&Planet na que participa o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e ao que pertence Carmen Novas, desde a área de comunicación e quen tamén participa no programa.
Fronte a ese activismo que agride de forma vandálica á arte, ese 'artivismo' emprega a arte - o muralismo en concreto -, como medio de comunicación que involucra a unha comunidade e busca solucións.
Fotografía: Mónica Patxot