Cara a cara #332: Pepe Viyuela
Ven | 17:00 | 17:18
O Teatro Principal de Pontevedra acolle ata o domingo a segunda edición do Festival Guerrilla. A xornada do sábado 3 terá un dos seus protagonista na persoa do actor e humorista Pepe Viyuela.
Ás 17.00 horas proxectarase a película documental 'Un viaje hacia nosotros' Unha historia íntima e global, a das persoas refuxiadas; a parte máis persoal corresponde á do propio actor rioxano ao recuperar a memoria do seu avó Gervasio, quen estivo en dous campos de refuxiados tras participar no bando republicano na Guerra Civil.
Ás 21.00 horas, Pepe Viyuela subirá ao escenario con 'Encerrona', unha peza que segue representando desde os noventa. Actúa o clown en solitario con obxectos sinxelos como unha cadeira, unha guitarra, unha chaqueta... e tamén: "a derrota, o fracaso, a vulnerabilidade ou a tenrura".