La trastienda #34
Lun | 21:00 | 21:19
"Luisito Fan Club" é o nome dun colectivo que naceu da devoción que dous mozos vigueses, Emilio Soto e Abraham Alonso, sentían polo actual adestrador do Pontevedra, Luisito. Pouco máis dun ano despois da súa constitución como "club de fans", os seus fundadores visitan La Trastienda para explicarnos como xurdiu un colectivo que conta xa con seguidores en toda Galicia, incorporando non só a afeccionados granates, senón tamén doutros equipos, atraídos pola personalidade do técnico de Teo.