Cara a cara #390: Víctor Pazos, productor musical
Mar | 17:00 | 17:16
Víctor Pazos é un mozo pontevedrés. Un produtor musical que se encadra nos sons urbanos. Este pasado martes presentou nas plataformas musicais de streaming unha mixtape de 'lo-fi hip hop'. Titulouna 'Sofá tapes vol.1' porque a súa intención é seguir subindo máis producións periodicamente. E, que é o 'lo-fi hip hop?, "poderíase identificar cunha música ou sons que podes poñer para estudar e á que por encima póñolle sons de rap e de hip hop", explica Pazoshimself, como se fai chamar nas plataformas. A eses sons engadiulle as voces de mozos e mozas que tamén están inmersos neste xénero musical, cos que colabora e forma parte con MKP. Estes son os máis próximos, tamén pontevedreses, pero non o únicos xa que colabora con outros colectivos como os mecos DeLaRía Squad e teno feito con outros produtores estranxeiros como o alemán LAPLACE ou o estadounidense Bonnor Bags.
Foto: Mónica Patxot