El Escaparate #49
Mér | 19:45 | 20:45
Boas escaparatistas! Hoxe temos un programa moi especial. Certo é que o 14 de febreiro celébrase San Valetín pero é que ademais o día 13 celebrouse o Día Mundial da Radio. Por iso, con motivo deste evento tan esperado queríamos facer un programa moi especial de portas abertas e de temática musical é amorosa. Así, entrevistamos a Salva Ronko, presentador de Los 40 Principales en Vigo. Tamén compartiu micrófonos Aaron González, un estudante de publicidade que estivo vivindo en Italia. Non vos perdades este especial no que respondemos a todas as vosas preguntas e dúbidas de amor deixadas nos buzóns da entrada da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.