Cos 5 sentidos #8: Marín e o Enterro da Sardiña

Cos 5 sentidos #8: Marín e o Enterro da Sardiña

Ven | 11:00 | 11:05

Este 2024 Enterro da Sardiña en Marín celebrouse por primeira vez co engadido de Festa de Interese Turístico en Galicia. Un recoñecemento para esta tradición do entroido marinense que se sucede, polo menos, desde finais do século XIX, cando xa se teñen testemuños escritos do mesmo. Viaxamos neste podcast para seguir a pegada que neste concello foi deixando a pesca da sardiña. Un engadido ao patrimonio cultural existente a ambas as marxes da ría de Pontevedra e do que fomos extraendo algunhas pinceladas en Pontevedra, Poio e Marín. 

'Cos 5 sentidos' é unha publicación divulgativa financiada polo Plan Social Ence (#enceplansocialpontevedra).

Foto: Julio Santos

Cos 5 sentidos

Venres 11.00 horas

Acompañámosche a coñecer o patrimonio cultural de Pontevedra, Poio e Marín a través de podcast que serven de audioguías.

 #enceplansocialpontevedra

Fechar