#20mar2017
Lun | 08:30 | 10:01
O deputado socialista Odón Elorza foi entrevistado na Cafetera de radiocable.com onde admitiu "preocupación" pola derrota electoral dos socialdemócratas en Holanda. Un "fenómeno" que, na súa opinión: "Ratifica que hai que resituar no espazo da esquerda ao PSOE, e hai que recuperar a identidade, expondo alternativas, políticas propias e non estar preto ou xustificar determinadas actuacións da dereita". "Sacamos leccións, de Holanda, Italia e Francia e, espero quenon soamente nós, senón tamén outros sectores do PSOE", sinalou.