La trastienda #42
Lun | 21:00 | 22:00
Na metade do seu mandato como presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán visita La Trastienda. Repasamos os seus dous primeiros anos á fronte do fútbol galego, os logros conseguidos e os retos pendentes, como a integración total do fútbol veterano e do fútbol sala na Futgal, a posta en marcha da quiniela galega, a súa postura ante as próximas eleccións á presidencia da RFEF así como a súa posible candidatura á reelección.