La Cafetera #19abr2017
Mér | 08:30 | 09:37
A detención do expresidente da Comunidad de Madrid, Ignacio González, por branqueo e administración desleal, e a citación de Mariano Rajoy como testemuña da trama Gürtel, en menos de 24 horas, foron os temas que centraron o programa da Cafetera de radiocable.com.
Menos de 24 horas antes coñeceuse tamén a citación do actual presidente do Goberno, Mariano Rajoy, como testemuña no xuízo da trama Gürtel. Con todo, afirma o avogado Gonzalo Aboie que "hai anos que Rajoy tería que declarar voluntariamente sobre a Gürtel. Que Rajoy declare é un exercicio democrático", engadiu. E considera que: "O PP non pode ser alleo a unha causa que leva oito anos sendo investigada".