
Metrópoles Delirantes #72
Mar | 21:00 | 22:00
Encetamos esta emisión coas novas da BD, a todo filispím. O SrB anota na súa lista de imprescindíbeis o Cacahuequi de Jacobo Fernández, unha banda deseñada premiada co Castelao en 2007. Xa pasaron tres anos e moitas edicións de croqueta y empanadilla e voltan ás metrópoles Ana Oncina, a autora, e Natalia Mosquera, a editora, deste fenómeno que xa vai por 13 edicións e 3 números. Rematamos coas novidades que trae Xaime, dende a libraría Komic de Compostela. E tamén coa presada de suaj que nos caracteriza.