
Metrópoles Delirantes #51
Mar | 21:00 | 22:01
Volven as revistas, chega Voltio a revista que coordinan Ana Oncina e Álex Giménez, e chega co respaldo de La cúpula. Falaremos con Ana e Álex desta nova proposta. O Sr B trae ao seu curruncho de imprescindíbeis o Vampir de Joann Sfar que na España editou primorosamente Fulgencio Pimentel. Marcello Quintanilha o autor do magnífico Tungsteno, premiado no último festival de Angouleme embarca connosco na dorna da bd para contarnos dos seus proxectos. Rematamos o programa con Javi, da libraría A gata tola de Compostela, que veu para contármonos das novidades máis interesantes e tamén para falar de libros con plastiquiños.