Ramiro Espiño
Ramiro Espiño
Faladoiro deportivo. Os equipos, os partidos, os eventos, as probas, as fichaxes, os técnicos, as aficións, os deportistas...vistos dende La Trastienda. Un faladoiro que por ter, ten ata 'xastrería'.
Lupe Murillo pecha tempada en La Trastienda. A presidenta do Pontevedra fai balance dun ano salvado con apuros e fala dos obxectivos do club granate para o futuro
A piques de pechar tempada informativa en La Trastienda recibimos a visita da secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez
A "tempada perfecta" do Marín Peixe Galego terminou cun ascenso histórico á liga LEB Prata de baloncesto
Despois de conseguir a permanencia na Segunda División B, os xogadores do Pontevedra Edu Sousa, Álex Fernández e Adrián Mouriño visitan La Trastienda
Tíñao na súa man, pero non o aproveitou. O Pontevedra deixou escapar a salvación ao non gañar a Unión Adarve e xogarao todo na última xornada. Pero a polémica veu ao acabar o partido, cuns supostos sucesos ocorridos no túnel de vestiarios, cando segundo o acta arbitral a presidenta granate, Lupe Murillo, mostrou unha "actitude ofensiva e agresiva" cara ao colexiado, recriminándolle por non pitar un claro penalti na última xogada do partido. Analizámolo cos xornalistas deportivos Xaime Nogueira, Diego Espiño, Xurxo Gómez e Álex Dávila
Os profesionais da información deportiva en Diario de Pontevedra e Faro de Vigo, Xurxo Gómez, Álex Dávila e Xaime Nogueira, fan un repaso en La Trastienda á actualidade e os resultados producidos a fin de semana que deixan a salvación de Teucro e Cisne, o novo paso atrás dun Pontevedra que se complica e unha tempada histórica para Peixe Galego e Poio Pescamar
Na Trastienda os compañeiros de Faro de Vigo e Diario de Pontevedra, Xurxo Gómez, Xaime Nogueira e Álex Dávila, o noso particular "senado" xornalístico, opinan sobre a situación de Pontevedra e Teucro tras os resultados do fin de semana, de distinto signo, pero que achegan a ambos os equipos á permanencia
Con só catro xornadas por diante para lograr a salvación, A Trastienda recibe a visita de tres dos xogadores do Pontevedra que se proclamaron campións da Copa Federación fronte ao Ontinyent, pero non puideron máis que empatar co Guijuelo. David Castro, David Goldar e Pacheco cóntannos as súas impresións para un final de liga de infarto
O Poio Pescamar conseguiu o seu segundo título da Copa Galicia de fútbol sala feminino ao vencer na final disputada en Marín ao Burela, cun desenlace de infarto e gol de Jenny Lores a falta de 24 centésimas de segundo. Falamos coa autora do gol do triunfo e coa compañeira que lle deu o pase, Iria Saeta. Con elas visítanos tamén o presidente do club, Juanjo García Camiño
La Trastienda recibe a visita de tres dos xogadores do Pontevedra que tiveron un protagonismo destacado na goleada sobre o Talavera. Adrián Mouriño, Álex Fernández e Jorge Hernández, analizan a situación do equipo para a recta final da tempada
Campións galegos en infantís e cadetes e subcampións en xuvenís. O Cisne presume de canteira na Trastienda, cos seus tres equipos de base clasificados para o Campionato de España
Analizamos na Trastienda o complicado momento do Pontevedra tras o empate fronte á Ponferradina, co conselleiro responsable da dirección deportiva, Roberto Feáns
Volven a La Trastienda os compañeiros de Faro de Vigo e Diario de Pontevedra, Cristina Prieto, Xurxo Gómez e Álex Dávila, o noso particular "senado" xornalístico, para analizar a cada vez máis complicada situación do Pontevedra
A muller no deporte abre a programación especial de PontevedraViva Radio con motivo do Día da Muller.
Mayte Méndez e Milagros Sanmartín son sinónimo de baloncesto feminino en Pontevedra. Sen elas non se entendería o que é o Arxil. Xuntas superaron a cifra de 450 partidos á fronte do primeiro equipo verde en Liga Feminina 2 en 17 tempadas. Visitan A Trastienda para repasar a súa impresionante traxectoria
Na Trastienda os compañeiros de Faro de Vigo e Diario de Pontevedra, Cristina Prieto, Xurxo Gómez, Xaime Nogueira e Álex Dávila, o noso particular "senado" xornalístico, opinan sobre o partido entre Pontevedra e Racing de Ferrol e o que queda por diante ao equipo granate para salvar a categoría tras obter unha importante e convincente vitoria á calor dos seus
O máximo goleador do Teucro, o cubano Yoán Balázquez, visita La Trastienda, acompañado do pivote Samu Gómez
En La Trastienda recibimos a visita de Nacho López, Pibe, Darío Flores e Éder Díez, os catro xogadores que o Pontevedra incorporou no mercado invernal
Volven á Trastienda os compañeiros de Faro de Vigo e Diario de Pontevedra, Cristina Prieto, Xurxo Gómez, Xaime Nogueira e Álex Dávila, o noso particular "senado" xornalístico, para analizar a situación do Pontevedra tras sufrir unha dolorosa derrota en Toledo e a pouco máis de 48 horas do peche do mercado de fichaxes
Lupe Murillo, presidenta do Consello de Administración do Pontevedra, é a invitada desta edición de La Trastienda. Con ela falamos da situación deportiva e económica da sociedade, ademais dos seus plans de futuro, sen esquecer a necesaria análise do sucedido na Xunta xeral de accionistas do luns día 15 de xaneiro
Os profesionais da información deportiva volven a La Trastienda. Os compañeiros de Faro de Vigo e Diario de Pontevedra, Álex Dávila, Xurxo Gómez, Cristina Prieto e Xaime Nogueira, analizan o delicado momento dun Pontevedra que tocou fondo ao caer en Bouzas
Volve La Trastienda tras a paréntese do Nadal e faino para analizar o momento do Pontevedra co seu actual adestrador, Luismi.
Despois da "saída de ton" de Luisito na rolda de prensa posterior ao partido entre Pontevedra e Atlético de Madrid B, en La Trastienda queremos falar unicamente de temas deportivos, e para iso recibimos a visita de dous dos xogadores posiblemente máis queridos na actualidade pola afección granate, como son Edu Sousa e Adrián Mouriño
Volve o faladoiro entre profesionais da información a La Trastienda. Os compañeiros de Faro de Vigo e Diario de Pontevedra, Álex Dávila, Xurxo Gómez, Cristina Prieto e Xaime Nogueira, repasan a actualidade deportiva de Pontevedra, Teucro, Cisne e Arxil
En La Trastienda analizamos o derbi do balonmán galego na liga Asobal entre Cangas e Condes de Albarei Teucro cos adestradores de ambos os equipos, Víctor García Borrás "Pillo" e Quique Domínguez
Novo tropezo do Pontevedra en Pasarón e mala imaxe dos de Luisito, incapaces de impoñerse ao pechacancelas Valladolid B. Os xornalistas que seguen habitualmente a actualidade granate para Diario de Pontevedra e Faro de Vigo, Cristina Prieto, Álex Dávila e Xurxo Gómez, analizan en La Trastienda a situación do equipo
En La Trastienda recibimos a visita dos xogadores do Cisne de balonmán, Alejandro Pombo, Carlos Pombo e Alberto Casares, tras a vitoria do equipo pontevedrés sobre Palma del Río
María López Hervés é unha moza árbitro de fútbol que se converterá o domingo 19 de novembre na primeira muller pertencente á Delegación de Pontevedra do Colexio Galego de Árbitros de fútbol en formar parte como asistente do trío arbitral nun partido de Primeira división feminina, concretamente o Real Betis-Atlético de Madrid que se disputará en Sevilla. Na Trastienda falamos con ela para que nos conte como se vive a arbitraxe desde dentro
A dimisión de Luisito non aceptada polo Consello de Administración, as explicacións da presidenta do Pontevedra, Lupe Murillo, e a situación do equipo, a só dous puntos dos postos de descenso, son motivo de análise na Trastienda, cos xornalistas que seguen habitualmente a actualidade granate para Diario de Pontevedra e Faro de Vigo, Cristina Prieto, Álex Dávila, Xaime Nogueira e Xurxo Gómez
O tríatlon é posiblemente o deporte que máis alegrías está a dar a Pontevedra nos últimos tempos. Moitas desas alegrías viñeron da man dun home como Pablo Dapena, que recentemente se proclamou en Ibiza campión de España na modalidade de longa distancia. En La Trastienda falamos con el para saber como foi un ano 2017 máxico en canto a resultados
Na Trastienda facemos un repaso do derbi entre Pontevedra e Coruxo disputado en Pasarón, co técnico pontevedrés do equipo olívico, Rafa Sáez, e dous dos xogadores que foron protagonistas como Álex González, polos granates e Quique Cubas, polos verdes
Recibimos na Trastienda ao adestrador do Poio Pescamar, Marcio Santos, xunto co preparador de porteiras, Antonio Pena e a porteira internacional do equipo Silvia Aguete.
Falamos na Trastienda da fusión dos dous clubs de rugby pontevedreses para formar o Pontevedra Mareantes Rugby Club. Visítannos os presidentes das dúas entidades fusionadas, Félix Álvarez e Fran Lusquiños, xunto cun dos adestradores, Alberto Fernández, e Ruth Otero, xogadora do equipo feminino que pronto empezará a competir
En La Trastienda falamos de balonmán, con Carlos García Alén e Quique Domínguez, presidente e adestrador do Teucro
Á sexta foi a vencida e o Pontevedra conseguiu a primeira vitoria da tempada. Analizámola en La Trastienda cun ex presidente granate: Gerardo Lorenzo
O momento deportivo do Pontevedra a debate na Trastienda, con tres xornalistas que seguen o día a día do club granate. Visítannos Xaime Nogueira (Diario de Pontevedra), Álex Dávila (Faro de Vigo) e Xurxo Gómez (Faro de Vigo)
Fin de semana para a épica, con distinto final pero boas sensacións xerais. Iso é o que nos deixaron os partidos de Pontevedra, Teucro e Cisne. Na Trastienda analizamos o sucedido nos seus partidos cun xogador de cada equipo: Álex González, Dani Hernández e Dani Tolmos.
Iniciamos tempada en La Trastienda e facémolo analizando o frouxo arranque do Pontevedra, pechacancelas en liga e eliminado en Copa, co conselleiro e director deportivo granate, Roberto Feáns
En La Trastienda despedimos tempada e facémolo analizando o realizado polo Pontevedra CF, así como os obxectivos para a próxima
Víctor García Borras "Pillo" e José Luis Pazos son protagonistas de La Trastienda
Os ex xogadores Óscar Guimeráns e Manolo Gago, xunto co cineasta e gran afeccionado granate, Pablo Cacheda, analizan na Trastienda o ocorrido no partido de ida do play-off de ascenso a Segunda División entre Pontevedra e Real Murcia
Tempada histórica para o Poio Pescamar de fútbol sala feminino, que entre copa e copa visita La Trastienda
Celebramos o éxito do Pontevedra coa súa clasificación para o play-off de ascenso a Segunda División tras derrotar á Arandina en Pasarón
Na Trastienda celebramos o ascenso do Teucro a Liga Asobal. Facémolo recibindo ao presidente e vicepresidente responsable da parcela deportiva, Carlos García Alén e Jose Ameijeiras, acompañados de adestrador e capitán do equipo, Quique Domínguez e Carlos García
Analizamos unha apaixonante Terceira División na Trastienda, coas achegas de catro dos seus protagonistas
Despois de confirmarse a súa renovación como adestrador do Pontevedra, recibimos en La Trastienda a Luisito
A vitoria sobre Alarcos Ciudad Real deixa ao Teucro a só tres puntos do ascenso. Analizámolo na Trastienda con Edu Agulló e os xogadores Iván Fernández e Dani Hernández
La Trastienda recibe a visita de Rafael Louzán, presidente da Federación Galega de Fútbol
La Trastienda achéganos á figura e ao traballo dos representantes de futbolistas, intermediarios entre deportistas e clubs
En La Trastienda son "elas" as protagonistas. Recibimos a Chiña Caramés, Loli García e Ana Castillo, tres grandes afeccionadas do Pontevedra
Analizamos o #DerbiDoLérez na Trastienda. Coa participación dos presidentes de Cisne e Teucro e un ex xogador de ambos equipos
Antonio Fernández e David Sierra, adestradores de Villalonga e Ribadumia son os convidados da Trastienda
La Trastienda recibe a Mayte Méndez, adestradora do Arxil e as xogadoras Minata Keita, Arantxa Mallou e Aldara Vázquez
Quique Domínguez, adestrador do Teucro, e o directivo responsable da parcela deportiva, José Carlos Ameijeiras, visitan A Trastienda para analizar o momento do equipo tras sumar 33 puntos dos últimos 34 en disputa
La Trastienda recibe a visita da concelleira de Deportes de Pontevedra, Anxos Riveiro
La Trastienda recibe a Emilio Soto e Abraham Alonso, os creadores do "Luisito Fan Club"
A presidenta do Pontevedra, Lupe Murillo, visita La Trastienda e analiza todo o sucedido na xunta xeral de accionistas
Xaneiro abre as posibilidades de realizar cambios nos equipos e Roberto Feáns, director deportivo do Pontevedra. visita La Trastienda
Volve La Trastienda despois das vacacións do Nadal, nesta ocasión co adestrador do Pontevedra, Luisito
Pontevedra, Teucro e Cisne finalizaron a primeira volta das súas respectivas ligas con nota alta. Na Trastienda repasamos o conseguido e comentamos as súas esperanzas e posibilidades no que será un esixente regreso á competición, despois das vacacións do Nadal
Falamos de balonmán na Trastienda. Recibimos ao xornalista e xefe de prensa da SD Teucro, Edu Agulló, e aos xogadores Dani Hernández e Ángel Iglesias
Esta semana La Trastienda ten un recordo para Filipe Machado, unha das vítimas do accidente aéreo do Chapecoense, e quen foi xogador do Pontevedra
Edu Sousa e Kevin Presa, dous dos canteiráns do Pontevedra, son os invitados de La Trastienda
Paco, Milucho e Churruca, tres dos integrantes do Pontevedra que consiguiu o ascenso en Eibar en 1984, son os invitados desta edición de La Trastienda
La Trastienda escoita nesta ocasión a voz dos afeccionados. Representantes de peñas e seguidores do Pontevedra debaten sobre a marcha do equipo, as súas posibilidades esta tempada e as accións para tentar incrementar a afluencia e mellorar o ambiente das bancadas de Pasarón
O Pontevedra conseguiu ante a Ponferradina manter Pasarón como un escenario imposible para os seus rivais. Nesta ocasión La Trastienda recibe a visita dos autores dos dous goles granates, Javi Bonilla e Mario Barco
Analizamos o sucedido no derbi local de balonmán entre Teucro e Cisne
En Pontevedra o balonmán vívese dunha forma especial. Por iso, nunha semana de derbi, La Trastienda recibe aos presidentes de Teucro e Cisne, Carlos García Alén e Santiago Picallo, ademais de unha persoa que como xogador vestiu a camiseta de ambos os equipos, Jose Covelo
Repasamos en La Trastienda os actos realizados para celebrar o 75 aniversario do Pontevedra CF
O faladoiro deportivo de La Trastienda chega nesta ocasión cargada de nostalxia na semana do 75 aniversario do Pontevedra CF
Abordamos os actos previstos para celebrar o 75 aniversario do Pontevedra CF, a denuncia do club a José Manuel Fernández e Milo Abelleira por suposto delito de estafa e a actualidade deportiva, coa vitoria sobre o Racing Club de Ferrol
O faladoiro deportivo de La Trastienda recibe neste programa ao adestrador do Cisne, Javier Rodríguez "Jabato", á xornalista Cristina Prieto, e ao exdirector xeral de Pontevedra, Real Jaén e Mirandés, Elías Espiñeira
O noso faladoiro deportivo de La Trastienda recibe hoxe a un histórico granate como Churruca, ao adestrador do Pontevedra B, Santi Mariño, e ao adestrador de porteiros de Pontevedra, Deportivo e actualmente no Arosa, Jaime García Formoso
Tras a paréntese estival volve La Trastienda, que comeza a súa segunda tempada recibindo a tres invitados que teñen unha característica común: vestir en algún momento a camiseta granate
La Trastienda recibe a dous xogadores, protagonistas dos dous últimos ascensos do Pontevedra. Xunto a eles, un árbitro pontevedrés que apunta alto, un serio aspirante a lograr o ascenso a Liga Profesional
A afección ten o seu espazo en La Trastienda. Tres destacados seguidores granates opinan sobre a actualidade do club e o seu futuro inmediato
Esta edición de La Trastienda convértese nunha entrevista en profundidade co adestrador do Pontevedra, Luisito, para facer balance e falar de obxectivos
Debatemos en La Trastienda sobre as causas do descenso do Teucro e o seu futuro inmediato, co seu presidente, Carlos García Alén, e o directivo responsable da área deportiva, Jose Ameijeiras
A permanencia do Cisne en División de Honra Prata de balonmán ocupa esta edición de La Trastienda, coa visita do presidente, Santi Picallo, e os xogadores Álex Chan e Pablo Galán
Terminada a tempada 2015/2016, recibimos en La Trastienda á presidenta e ao conselleiro e secretario técnico do Pontevedra, Lupe Murillo e Roberto Feáns, para facer balance do retorno á Segunda B, así como proxectos inmediatos no ano do 75 aniversario granate
Tríatlon, piragüismo e atletismo son protagonistas de La Trastienda, coa presenza de Pablo Dapena, Carlos Paz e Ramón Touza.
La Trastienda aborda diferentes puntos de actualidade desde distintos puntos de vista con Jaime García Formoso, Guille Rial e Manuel Vidal Araújo
La Trastienda vístese dunha intensa cor granate para recibir a tres convidados que son historia do Pontevedra CF: Luis Rivas, Amador Lorenzo e Rafa Sáez
O balonmán é protagonista de La Trastienda, cos presidentes de Teucro e Cisne, Carlos García Alén e Santiago Picallo, e o adestrador teucrista, Quique Domínguez
La Trastienda recibe a visita do xornalista Adrián Rodríguez e os adestradores David Sierra e Víctor García Borrás 'Pillo'