Pontevedra Viva!

Tráfico cortado na Barca

As obras do ente público Acuaes para o novo abastecemento de auga aos concellos da Ría de Pontevedra, provocaron unha importante reordenación do tráfico no ámbito da ponte da Barca durante dous meses. O Concello de Pontevedra optou por pechar o carril de saída da ponte porque entende que de manterse ambos os dous sentidos, o corte da PO-308 pode chegar a colapsar toda a cidade. A polémica medida xerou protestas. O corte fíxose efectivo o 22 de outubro.
 

Máis novas