Hai proxectos que teñen un momento de inicio e un claro e previsible final. Hai outros, como no que está inmerso José Chas, que xorden, van crecendo e crecendo e é difícil determinar se haberá un final. Nese lapso de tempo está este pontevedrés co seu proxecto de fotografía industrial. Unha radiografía das ruínas industriais de Galicia que pode visitarse na exposición aberta no Pazo da Cultura.
Conta en PontevedraViva Radio que o seu apego pola fotografía comezou sendo o nenoque vía ao seu pai cunha cámara réflex nas mans. Aos doce conseguiu ter o seu cámara propia. Unha viaxe de instituto a Italia foi a primeira experiencia como autodidacta en fotografía. Quiso ser enxeñeiro industrial, pero entrou na enxeñería de minas. Desviouse cara á delineación e acabou en Belas Artes. Bo, en realidade non acabou, continuou en Barcelona estudando fotografía e arquitectura.
Entre uns e outros, José Chas foi gañándose o garavanzo con múltiples traballos; por exemplo, apagando incendios. Todos eses retrincos foi coséndoos - herdanza materna no ADN -, e o patchwork resultante é o dun fotógrafo que alá onde uns só ven "nada", el ve e mostra: arte, investigación, medio ambiente, urbanismo, arquitectura, memoria e emotividade.
A música, esta que vai fiando A playlist, foi a que propiciou as primeiras conversacións coa súa muller, Rebeca, daquilo fará pronto vinte e un anos. Fai dous chegou outra ás súas vidas, Laia, á que dorme, con Radiohead.