Aos seus 32 anos Adrián Saavedra non dubida un segundo en responder que, se se suman horas ou días da súa vida, resultarían moitísimas máis as que pasou compoñendo, arranxando, producindo ou interpretando que alleo á música. Indubidable se se ten en conta que as súas primeiras notas xa saían na gardería coa teclas dun Kasio. Chega aPontevedraViva Radiocoa súa selección musical escrita en papel pautado; e cunha caligrafía tan pulcra e persoal que resultaría moi interesante pasala pola análise dun calígrafo.
Sen necesidade desa peritaxe, evidencia durante a conversación a súa perseveranza, autodisciplina, pragmatismo ou llaneza. Para ilustrar que mellor que exemplos. Durante uns anos embarcouse cun grupo "de batalla", dos que se soben aos escenarios para amenizar festas e verbenas varias. Aquela experiencia ademais de anécdotas, serviulle de aprendizaxe sobre un escenarioe para pagarse a súa formación académica e profesional; e na que aparecen os nomes, nin máis nin menos que de Hans Zimmer, Trevor Jones, ou Greg Wells.
Onde non escatima é en recoñecementos para os membros de Freylekhs; isto é Ángel e Pablo Paz - que xa estiveron na Playlist - e Adrián Solla (ao que esperaremos). Todos eles formaban aquela banda de primeira mocidade, manteñen moi fresca a súa amizade e unha profesión común: a música.
Adrián Saavedra Nieto dedicou aos seus pais o recentísimo Premio Martín Códax de Música Clásica Contemporánea que entrega a Asociación Músicas ao Vivo. A súa faceta máis recente é a de produtor. Gústalle ser ademais "dos produtores de antes", dos que teñen o control do 'material' con que traballan de principio a fin. E tamén compuxo para curtametraxes. A música para cinema é outra das súas querenzas. Vaia outro exemplo, fíxose unha viaxe ata Viena para escoitar nin máis nin menos que a John Williams - creador entre unha infinidade de bandas sonoras, de 'Superman'-. Como resultou? ... cóntacho el nesta Playlist.