Esteban Delaiglesiaexpón xunto ao seu compañeiro de La Diapo Fotografía, Manu Suárez, no Café Moderno de Pontevedra. No Cara a cara explica como foi o making off da mostra fotográfica 'Como me presento?' que se pode visitar ata o 13 de xullo, comisariada por Monse Cea.
"Defender a fotografía como acto social e a partir de aí plasmar encontros fotográficos dos que se extraen dezasete historias", ese é o punto de partida deste proxecto no que fixeron coincidir rostros coñecidos da música, do cinema, da arquitectura, as letras, o deporte... con outros tantos anónimos que se prestaron para a iniciativa tras os contactos mantidos coa Federación de Autismo de Galicia.
Precísamente o termo anonimato é relativo como pregúntase Esteban xa que "todo o mundo coñece a Sofía Toro que é unha campioa olímpica da vela, ou ao doutor Carracedo, a Cristina Mantilla, Eva Dafonte?... se non estás inmerso neses sectores, tamén pasan desapercibidos para a maioría". Para uns e para outros, considera que a experiencia foi como un agasallo.
Este ámbito de fotografía como instrumento de plasmación da realidade non é o único que traballan - como explica en PontevedraViva Radio -, ademais do xornalismo ou eventos, tamén teñen experiencia na ficción. Foi o caso da foto fixa para a serie 'Vivir sin permiso', ' Schimbare' ou 'Pazo de familia'.