María Carrera, a quen a inmensa maioría do público pontevedrés coñece e vincula ao entroido da capital,debutou en Madrid cunha satisfactoria resposta. 'Valiente' está escrita, dirixida e interpretada por ela mesma. Con esa estrea e representación cumpre a promesa que fixera á súa parella, Santiago, falecido no mes de abril. E dese transo fala esta obra de microteatro.
Dita escritura e interpretación foi como un tratamento terapeútico para empezar a súa remontada vital, como relata no Cara a cara . Ata a data a sesións ofrécense os mércores de xullo na sala madrileña A escaleira de Jacob, pero a actriz pretende facer xestións para poder traela tamén aos escenarios de Pontevedra.
Antes, si que está previsto que María actúe para o público miúdo con Pinga Teatro e 'La pirata Lola'. Será o 15 de agosto na praza do Teucro, ás 19.30 horas, enmarcado nas sesións de teatro infantil que se desenvolverán durante as festas da Peregrina. Nesa semana festiva da capital, tamén terá outra doce intervención con 'La abeja Tina' na Feira do Mel fixada entre o 10 e o 18 de agosto na rúa Sierra. Delas falamos tamén en PontevedraViva Radio.