'O rap da feira' é a primeira "pesa" de Os Palleiráns. Tres cuntienses, que con esta composición que subiron a Youtube queren a modo de "tolemia" reivindicar unha tradición: as feiras e unha serie de profesións vinculadas ás mesmas: "os feirantes, pulpeiros, artistas, taberneiros, mercados, ...", moitas actividades que nesta conxuntura está a pasalo mal ou non poden manter a súa actividade.
Os Palleiráns son Xosé Luís Rodríguez Carmuega, Xabier Barreiro Carbia e Xosé Manuel Piñeiro Caramés; vinculados á música e a hostalería. Eles forman parte doutra compañía máis numerosa á que chaman 'Made in feito na casa' e coa que tiñan unha pretensión maior; organizar e ofrecer "unha festa de pobo"; pero por agora a idea está en pausa, contan nas Conversas na Ferrería.
Unha charla "enxebre" neste podcast de PontevedraViva Radio, con sentido do humor; aínda que tamén co seu transfondo serio. Quedan coas súas máscaras, en versión "tinta e branca" e coa intención de seguir puíndo outras dúas cancións que din, xa están en camiño.