Tres xornadas bastaron para ver que o Club Cisne Balonmán vai en serio na súa segunda tempada na División de Honra Prata.
O equipo pontevedrés gañou os seus dous partidos como local de maneira clara e "tuvimos opciones en Córdoba y no las supimos aprovechar", nun choque no que cederon por un gol. Por iso, e coa moral que iso achega ao plantel, o seu adestrador espera "que dure la racha" cando chega unha das fases máis complicadas do calendario.
Javier Rodríguez 'Jabato' participou este luns no programa La Trastienda de PontevedraViva Radio, recoñecendo que "ahora empezamos una etapa dura, empezamos el Tourmalet", ao ter que enfrontarse a domicilio ao Alcobendas e despois, de maneira consecutiva, aos dous primeiros clasificados, Barcelona B e Palma del Río.
"Esto acaba de empezar, se están dando resultados en la liga que no se esperan, pinchazos de los de arriba con los de abajo", sinala, por iso "empezar puntuando con los que están llamados a estar arriba sienta muy bien", sinala en relación ao triunfo do pasado sábado ante o Alarcos de Cidade Real, equipo que o pasado ano xogou o play-off de ascenso á Liga Asobal.
Jabato explicou tamén que "me sorprende" o inicio ligueiro do equipo veciño, a Sociedad Deportiva Teucro, xa que "creo que tienen la mejor plantilla que puede haber en la categoría". Con todo estase demostrando que esta tempada "es muy complicado ganar fuera de casa".
Con todo o técnico cineísta asegura que "van a tener que buscar su mejor versión y creo que aparecerá".
En todo caso a liga descansa agora unha semana para deixar paso á primeira rolda da Copa do Rei, eliminatoria a partido único na que o Cisne recibirá o Covadonga e o Teucro desplazarase ao País Vasco para medirse ao Amenabar Zarautz. Ambos os partidos disputaranse o sábado 1 de outubro.