Quere reter o Pontevedra a un dos futbolistas que máis subiron a cotización na presente tempada, o lateral Miguel Loureiro.
Por ese motivo o club granate, ademais dunha notable subida económica, ofreceu a Loureiro un contrato de tres anos de duración, algo reservado a uns poucos elixidos xa que a filosofía da directiva estas últimas campañas foi a de asinar por norma xeral contratos dun ano e ir así negociando cada verán para non hipotecar as arcas da entidade.
Así o recoñeceu o conselleiro responsable da planificación deportiva, Roberto Feáns, no programa La Trastienda de PontevedraViva Radio, ao que acudiu para dialogar da actualidade do club xunto ao xa ex-xogador e capitán Adrián Gómez.
"En el caso de Miguel en febrero nos hemos sentado con él para ofrecerle mejorar el contrato y mejorar las condiciones, él no ha querido sentarse hasta final de temporada", sinalou o director deportivo granate antes de revelar que "ahora mismo puedo decirte que le hemos ofrecido una propuesta de tres temporadas".
Feáns explicou que o Pontevedra ten claro que xogadores deben continuar no equipo e por iso "a casi todos se les ha mejorado un poco para que se queden", pero sen perder a perspectiva económica xa que "nosotros no podemos ponernos a la par de clubes que todos los años hacen presupuestos abismales", sinalou.
En todo caso "yo confío en que la mayoría van a renovar", comentou ante os micrófonos de PontevedraViva Radio antes de recoñecer que algún futbolista aceptou xa a oferta de renovación, a falta de concretar pequenos detalles, porque "saben que quieren estar aquí".
Tanto Miguel Loureiro como o resto de xogadores aos que se lles ofreceu a renovación contan de prazo ata o vindeiro venres, día 9 de xuño, para contestar á proposta do club.