Pedro Ameneiro e Martín Wizner, do Club Náutico de Vigo comezaron 2018 proclamándose en Austria campións do mundo de vela sub-17 en clase 420. Pedro é pontevedrés. A afección da navegación vén do avó, que a pasou ao seu pai e este a os seus tres fillos. Con sete anos recibiu o seu primeiro curso de aprendizaxe. Actualmente estuda Primeiro de Bacharelato que compaxina coa súa formación no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
O ano terminado resultou sobresaliente para estes dous mozos: en xullo saíron subcampións no Europeo Open celebrado en Atenas e un mes despois bronce nos Europeos Junior en Italia.
Para este ano o primeiro obxectivo é o Campionato de España. Será durante a Semana Santa en Canarias onde esperan clasificarse para o Europeo para celebrar en Portugal e xa no verán o Mundial en Newport, Estados Unidos.
O logro alcanzado en Austria, non só requiriu a preparación física e técnica da competición en si, foi necesaria a achega económica das súas familias para sufragar os gastos da viaxe e estancia durante aqueles dezaoito días.
A Federación asumiu o custo dos dous adestradores e transporte da embarcación. A realidade destes deportistas en España resúmea Ameneiro nunha frase que deixa neste Cara a cara de PontevedraViva Radio: "practicar vela non é caro, o caro é competir". Noutros países como Nova Zelandia ou Francia quen se quere dedicar profesionalmente a este deporte teñen maiores facilidades económicas.