Nesta lexislatura que comezou reclámaselle ao Goberno e ás forzas políticas presentes no Parlamento unha reforma prioritaria do sistema de pensións. A mensaxe que vén lanzando desde hai moito tempo é que o futuro das pensións corre perigo.
Son válidos os argumentos de que o aumento da esperanza de vida, o investimento da pirámide poboacional, ou que hai poucos cotizantes, son os responsables dese futuro pesimista?. Por que a insistencia dos plans de pensións privados?. Que sucedeu co Fondo de Reserva?. Que sistema de pensións teñen noutros países comunitarios e como resolveron a situación ante a crise?. Hai alternativas reais que garantan a súa viabilidade?.
A conclusión á que chegan os participantes nestas Conversas na Ferrería é máis optimista: hai alternativas, pero o Executivo ten que abordar un novo Pacto de Toledo para reconsiderar as máximas vixentes e optar por novas medidas.
Acompáñannos Victoria Portas, diplomada en Relacións Laborais e especialista en temas de Seguridade Social; Víctor Sariego, xornalista especializado en temas de xeriatría e xerontoloxía; e Manuel Alfonsín, portavoz de MODEPEN, o Movemento Galego Pola Defensa das Pensións Públicas.