Os tópicos véñenlle de volta cando lle preguntan pola súa formación: controlador aéreo. A ver quen lle replica cando agora pode engadir que é RPAS, é dicir piloto de drons. Desde neno a vocación xa miraba ao ceo: piloto. Cos anos e os pés no chan, reconduciu o futuro e pensou en optar polo de controlador aéreo.
Foi a caer nun momento complexo: pasa de ser un posto por oposición pública a privatizarse unha parte (a correspondente a controladores de torre), co que Pablo Lubiáns forma parte da primeira promoción privada de controladores aéreos na historia de España.
Isto supúxolle ter que marchar a Inglaterra para facer o correspondente curso -uns 35 mil euros de formación inicial-. Cando conclúen, indícanlles que esa formación non é válida e que han de repertirla en España.
Probou sorte en Bruxelas, quedou en intento; si que xurdiu un traballo en Canarias, pero circunstancias fixeron que durase pouco tempo. Estamos en 2010, momento da xa histórica crise dos controladores aéreos. Pablo sinala que non foi unha folga, senón o resultado de persoais insuficientes de forma intencionada. "A situación rebentou e acusóuselles de ser promotores dunha folga. Co tempo demostrouse nos tribunais que os que foron condenados inicialmente levaban a razón".
Outra consecuencia daquela crise de controladores aéreos foron os recortes salariais. A día de hoxe, desde logo, non son mileuristas, "pero tampouco perciben esas cifras astronómicas das que se falou no seu momento".
Cuenta no Cara a cara de PontevedraViva Radio, que vista a tesitura, en 2013 reconduce o seu futuro e pensa nun hobbie como saída profesional. Entón aínda non había ningunha lexislación sobre pilotaxe de drons e ante a súa proliferación, as autoridades optan por vetar o voo de drons para logo ir "abrindo a man".
De novo toca seguir formándose para conseguir o título requirido para poder voar un dron e consecuentemente desembolsar diñeiro. A versatilidade dos drons é amplísima. Unha profesión de futuro. Por agora Pablo centrouse en vídeo drons. Oxalá que desta, vaia a vencida.