Como incorporar con naturalidade a morte nas nosas vidas?. Algo inevitable debería deixar de ser un tema tabú. Unha situación que pode chegar de forma inesperada ou esperada, cabe que sexa planeada.
María González, na súa faceta de matrona, explica neste Dale la vuelta de PontevedraViva Radiovarias situacións. Existe unha guía de actuación no caso de falecemento de bebés non nados, de recentemente nados; e posibilidades sanitarias e legais ante esa previsión, no caso de adultos.
A naturalidade debería ser unha circunstancia que acompañase este tema, de forma que se expresen eses desexos "post mortem" e aprender a vivir estas despedidas cunha perspectiva engadida que o momento actual tamén facilita.
Pero non só falamos neste programa de plans de morte, tamén incluímos un decálogo para saber vivir. Saber vivir, como sempre en Dale la vuelta, no benestar de cada persoa.