Mohamed Bah deixou Marrocos en 2008 e asentouse en Salamanca. Tras unha etapa en Francia veu a Pontevedra en 2013 para formar un proxecto de vida xunto á que hoxe é a súa muller. Abriu unha carnicería que atendese a demanda do rito musulmán.
E precísamente, ao ser unha referencia desta poboación, elixíuselle como presidente da comunidade musulmá en Pontevedra e a súa comarca. Actualmente son unhas tres mil persoas, procedentes de países dos continentes africano, asiático e europeo.
O pobo musulmán é o primeiro que sofre as consecuencias dese terrorismo que cambiou a orde mundial desde o 11 de setembro de 2001. Terrorismo islámico, terrorismo yihadista... termos que nos fixeron acuñar sen pararse a saber o preciso, certo ou intencionado dos termos.
Hai unha frase que Mohamed Bah repite en varias ocasións durante este Cara a cara de PontevedraViva Radio: "un verdadeiro musulmán non pode matar".
E pese que os autores de tanto masacre alcen o nome de Alá antes da súa inmolación ou os seus crimes, e por tanto ataquen á mesma doutrina á que invocan, Mohamed pide perdón por eles. Cantos cristiáns escoitaches pedir perdón polos crimes cometidos en nome da súa relixión?