É pontevedrés, sanxenxino para máis datos. Estivo destinado na Comandancia de Tenerife, Zaragoza, a Academia de Oficiais de Madrid e en Guatemala. Suma numerosas condecoracións: a última a Condecoración da Garda Nacional Republicana de Portugal. Engade sete da Garda Civil, Condecoración do Goberno Canario, Medalla de Nacións Unidas por servizos especiais en 2007, medalla de Protección Civil e Distintivo do Mérito en Misións Internacionais. Regresou a Pontevedra hai tres anos como xefe de Operacións da Comandancia.
Precisamente a persoa á que substitúe temporalmente desde hai dous meses, o coronel Miguel Estévez, é quen lle fixo decantarse polo seu futuro na Benemérita cando Touceda, fillo de Garda Civil, tiña dezasete anos. Estima que de acordo ao proceso que hai que seguir, para final de ano, pode haber novo coronel na Comandancia de Pontevedra.
Hai máis dun centenar de efectivos da Garda Civil destinados en Cataluña, que lles trasladan que a pesar dalgún acoso ou escraches "están contentos e tranquilos, non tiveron grandes problemas".
"A Garda Civil é a institución máis valorada de España, sempre tivemos apoios en público e privado. Agora estanse exteriorizando máis esas manifestacións, pero sempre nos sentimos apoiados", di o tenente coronel en referencia a situacións tan contrapostas que se viron nas últimas semanas.
FESTIVIDADE DO PILAR
Este 12 de outubro a celebración da patroa reservou para o regreso destes axentes a parte máis festiva da onomástica. Desta forma cando estean de novo en Pontevedra será cando, con eles e as súas familias, teña lugar ese tradicional viño español. Polo demais, a convocatoria mantén a tradición. Destaca Manuel Touceda, do acto castrense que unha das condecoracións que se entregaron e que como di é un acto de xustiza despois de 40 anos. Medalla con distintivo vermello ao capitán xubilado Manuel Gascón Vázquez que resultou ferido grave nesta capital nun enfrontamento con mozos pertencentes ao GRAPO.
Facendo un balance dos últimos doce meses na Comandancia de Pontevedra, o tenente coronel Touceda di que foi un ano "dentro da normalidade, tirando a bo. Nos últimos cinco anos baixamos a delincuencia mes a mes. E os índices de esclarecemento de infraccións son dos máis altos de España".