Este próximo 22 de decembro, haberá quen apele á saúde e será síntoma de que non foron tocados pola sorte no Sorteo Extraordinario da Lotería de Nadal. Osafortunados estarán de celebración e o sector de loteiros co corazón nun puño á espera de que eses décimos foran vendidos nos seus portelos.
Celia Portela Vallejo, empregada da Administración de Loterías número 1 de Pontevedra, acompáñanos para contarnos como foron as vendas e as súas supersticiones nesta ocasión.
En resumo, máis demanda de décimos. En boa medida polo incremento do turismo e tamén por esa mascota que colocaron á entrada da administración. No mes de xullo xa quedaban practicamente esgotadas as terminacións en 13.
Neste sorteo de 2017, hai cifras que se podían prever, as terminadas en 155 ou 55 - polo manido artigo da Constitución Española - e igualmente relacionado co contexto catalán o número 11017. Tamén hai outras terminacións que lembra Celia neste Cara a cara de PontevedraViva Radio que se estiveron, e seguen buscándose.