Para evitar que eses propósitos de ano novo caian na rutina de converterse en intencións sen cumprir, comezamos o primeiro Dale la vuelta de 2018 cun programa dedicado a como levar a cabo eses desexos.
María González dános nesta ocasión unhas sinxelas pautas para materializar eses obxectivos. Primeiro e fundamental: "parar a escoitarte para obter o que desexas". Seguidamente ensínanos a "axendar" eses obxectivos que han de ser claros, sinxelos e concretos.
A partir de aquí, pauta tres bloques de obxectivos, coas súas respectivas opciones. Ademais de seguir ese primeiro paso de escoitarte, o seguinte que se necesita é algo con que e onde escribir - se optas polo método tradicional -, ou unha pantalla e un teclado - se prefires método dixital - a fin de que quede perfectamente plasmado todo aquilo que queremos conseguir.