Tras a elección de Donald Trump como presidente dos Estados Unidos a Marcha Mundial das Mulleressaíu á rúa de decenas de países para manifestarse contra un individuo que alardeara de acosar a mulleres.
O movemento xerado en redes co #metoopuxo de manifesto a denuncia de mulleres anónimas, coñecidas e recoñecidas que sufriran nalgún momento acoso sexual. Isto tras saír á luz os abusos do produtor Harvey Weinstein.
A reivindicación e denuncia feminina no sector continuou na última cerimonia dos Globos de Ouro. A xornalista Carrie Gracie corresponsal da BBC en China foi exemplo dun basta á desigualdade salarial.
Feitos que propiciaron esa procura masiva da palabra "feminismo" e que fixeron que a denuncia social estivese máis presente. Pero, son suficientes para dicir que 2017 foi o ano da revolución feminista como algunhas voces afirmaron? Para falar respecto diso contamos nestas Conversas na Ferrería con María Varela, xornalista e redactora xefa de Diario de Pontevedra; Lucía Muradas, xefa do Servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra e Daisy Alcalde, presidenta do colectivo Ou soño de Lilith, mestra e axente de igualdade.
Do ameno e enriquecedor faladoiro, extraemos unha das achegas de cada participante, convidando a que escoites o programa de PonteveraViva Radio completo. María Varela entende que o 2017 foi "un punto de inflexión. Tras moitos anos de reivindicación feminista púxose luz sobre un tema que permanecía oculto como é o acoso. Se a partir deste punto vaise producir unha revolución non o sei, pero creo si foi iso, unha inflexión".
Daisy Alcalde engade que "a revolución feminista ten moitos anos e conseguíronse feitos relevantes no pasado. 2017 foi un ano de visibilización do feminismo; escoitouse falar diso e hai máis persoas interesadas no tema. Eu polo menos é o que vexo entre a poboación nova; aínda que tamén se percibe unha radicalización do machismo".
Lucía Muradas comparte esa argumentación: "dicir que foi o ano da revolución feminista é darlle demasiado protagonismo ao 2017. É certo que houbo temas que resultaron moi mediáticos e que levaron a reflexionar á opinión pública. Así que polo menos, serviu para visibilizar aínda que hai que facelo máis e poñerlle nomes ás cousas. As redes sociais seguen tendo un discurso machista e seguimos recibindo ataques constantes".