Pilar de la Sota e Miguel Yebra comparten contexto xeracional, do mesmo xeito que Gabriela Varela e Noelia Torres. E entre os catro o nexo de unión polo que comparten os micrófonos de PontevedraViva Radio nestas Conversas na Ferrería: todos fan uso da aplicación de mensaxería instantánea WhatsApp.
Durante a distendida charla coñecemos con que frecuencia diaria utilízana, con quen, que linguaxe e escritura empregan nesas conversacións. A súa opinión e experiencia sobre o control que a través desta aplicación tamén se fai sobre terceiros.
Non deixamos pasar por alto os grupales: en cantos están incluídos, en cantos participan e como. Xorden anécdotas varias entre os catro participantes nas que calquera se pode sentir identificado, xa que WhatsApp instalouse nas nosas vidas, veremos se para quedar, ou ser sustituída polas novidades na rede.