Non alcanza os trinta anos. É pontevedresa, licenciada en Dereito, especialista en violencia de xénero, activista e formadora en grupos de apoio para persoas transgénero e familiares.
Género Diverso é a plataforma que está a poñer en marcha, como Avante LGTB que presentarase en agosto en Pontevedra co obxectivo de que sexa tamén unha asociación. Un traballo da súa etapa universitaria cambioulle a vida. E niso continúa Ada Otero Huertas, convidada no Cara a cara.
Na mesma sociedade na que unha parte aborrece ter que estar etiquetaxe; hai quen require un epífagre no que recoñecerse e que as/os recoñezan porque a realidade é excluínte. Máis aínda se se está dentro de arcaicas determinacións. Muller heterosexual, homosexual, muller bisexual, muller transexual, muller cisgénero... mulleres que ata reciben o agravio e as acusacións doutras mulleres.
Como conta en PontevedraViva Radio, Ada quería exercer a avogacía, pero non quería ser avogado, nin fiscal, nin granxeiro, nin camareiro, nin profesor, etc... quería e é avogada, e primeiro de nada muller.
A primeira barreira para ser recoñecida como persoa trans, está na consecución do informe psicolóxico que determina unha 'disforia de xénero' a partir de aí vén o proceso hormonal; proceso obrigado durante dous anos para chegar ao recoñecemento de persoa trans: "obrígannos a hormonarnos, se queres cambiar documentos tes que facelos, a meter substancias no meu corpo para que o modifique". O seguinte paso, a intervención cirúrxica, adoita ser unha cuestión de presión social máis que de convencemento persoal.
Detesta o seu DNI, ter que esperar nunha consulta médica, unha xestión administrativa que requira mostrar a documentación, ir a Correos... todo aquilo que supoña expoñer a súa persoa ao servizo dun documento que en realidade non responde á súa identidade.