Eduardo e Pablo Lozano, tío e sobriño, xestionan a praza de touros de Pontevedra, un coso ao que denominan "a nena bonita" da empresa familiar. Nesta edición de 2018 han deseñados para a Feira Taurina da Peregrina uns carteis de total atractivo para os afeccionados.
Pontevedra ten unha praza de segunda categoría, pero a súa feira é de primeira. Ambos os invitados inciden na afección que mantén Pontevedra e a bandeira que enarboran as penas taurinas ao amparo da coordinadora.
Os empresarios falan nestas Conversas na Ferrería da complexidade que supón pechar a presenza destas figuras nas datas álxidas da tempada taurina. Pablo, en calidade ademais de apoderado de Diego Ventura, comenta o momento histórico que está a vivir o rejoneador e que se poderá ver nesta capital; do mesmo xeito que ao sevillano Morante de la Puebla, desde esta tempada apadriñado por Manolo Lozano.
Para a inminente feira non foi posible formalizar a retransmisión televisiva dunha das tardes, pero Eduardo Lozano, afirma que para 2019 esperan que si sexa posible ver en televisión a Feira de Peregrina.
Ata PontevedraViva Radio achegáronse tamén as dúas persoas que exercerán de asesores do novo presidente, Pablo Álvarez Montesinos. Trátase de Diego Reinoso e Gonzalo Lorenzo que neste faladoiro charlan ao redor do que supón esta función, do regulamento taurino e de modificacións que xa están a expor noutras comunidades autonómas, así como da cabaña brava e dos inimigos da festa taurina, dentro e fóra da mesma.