Despois de estudar Dereito e Ciencias do Traballo, Virginia Pozo Castro comezou a traballar en banca. Foi un comezo de temperán desenlace, porque o que realmente atraía a aquela moza era a moda. Un sector que viviu no negocio familiar e ao que se está dedicando con sobresaliente éxito desde 2011.
Cando Amigos de Pontevedra comunicoulle que sería unha das persoas recoñecidas, recibiu a noticia "con moitísima ilusión e moi emocionada" ; porque dos premios e recoñecementos que están a chegar "este é especial porque vén da miña cidade e iso emocióname"; leva a súa responsabilidade "porque hai que dar a talla" di en PontevedraViva Radio.
E a talla, é evidente que a dá dabondo: en case sete anos de andaina, como asina multimarca e marca propia Coosy emprega directamente entre 50 e 70 persoas e de forma indirecta achégase ás trescentas. O inicio foi unha web de venda'on line' e suman a día de hoxe 21 establecementos físicos por España e presenza en Italia, Portugal, Irlanda, México e Arabia Saudita. Este 2018 está a ser un ano complicado polas circunstancias políticas ou económicas; así que o próximo será para afianzar o actual e seguir saltando ao ámbito internacional "sen tambaleos", explica no Cara a cara.
Xunto a Virginia, este ano recoñécese a Santiago Picallo Búa, Eugenio Giráldez Villar,Carmen Martínez Rodríguez, Teresa Orjales Vidal, al Colegio Sagrado Corazón de Placeres e a Gráficas Anduriña.