"Facer felices aos nosos cans, permitíndolles ser cans", desta forma explica Diego Álvarez o obxectivo de 'Podcans' no primeiro dos programas que xa podes escoitar en PontevedraViva Radio. Cada quince días -os domingos ás 21.00 horas- se optas polo streaming; ou cando a tí che vaia mellor, se prefires o formato podcast.
Diego Álvarez é educador canino e está especialmente dedicado á modificación de condutas e traballos de olfacto. Non está dirixido a un público especializado, senón a calquera persoa interesada no mundo dos cans. As explicacións son sinxelas e amenas.
En 'Podcans' falarase de dominancias, comunicación canina, tensión, instintos, como aprenden os cans, razas, o olfacto, de cans potencialmente perigosos, etc...
Como tamén se explica no primeiro dos programa preténdese axudar tanto a nivel conductural, como de obediencia. Haberá colaboracións no ámbito de deportes caninos, ou de veterinarios que falen de saúde canina.
De igual forma hai cabida para recomendacións de lecturas, indicacións sobre concursos ou cursos que se celebren. E dúas cuestións que seguro son de interese: unha, a resolución de dúbidas que se queiran expor e hanse de remitir ao correo electrónicopodcans@gmail.com; e dous, favorecer as adopcións, para iso servirán as imaxes que acompañen cada programa de ' Podcans'.