RADIO.- A gruta de Gizamaluke: 'Star Wars: Jedi Fallen Order' sairá este 2019
Por Redacción
A Star Wars Celebration 2019 que acaba de celebrarse en Chicago foi o emprazamento no que se puideron ver as primeiras imágentes do videoxogo de Star Wars 'Jedi Fallen Order'. Será en novembro de mans de Electronic Arts e Respawn Entertainment. Queres saber máis?, fácil, escóitache esta edición de 'A gruta de Gizamaluke' que se penetra nesta saga.
Ademais, sen descanso vacacional, Carlos Pereiro, Sara Orozco e Juan Sanmartín repasan 'Que pasa no mundo?', o de videoxogo, por suposto. Por exemplo a chegada a PC de 'Octopath Traveler'. Detalles sobre outro lanzamento para este ano como será 'Borderlands 3' o prezo que alcanzou en eBay un prototipo de Akira para Game Boy ou as máis de dous millóns de copias que 'Sekiro: Shadows Die Twice' vendeu en dez días.
E para completar a xogada desta semana, debate en modo multijugador sobre Epic Games: cal é o seu respaldo económico?, os videoxogos que lle están reportando tanto ingresos, a exclusividade de títulos que dispón como Control ( Remedy), Borderlands 3 (Geerbox), Thee Outer Worlds (Obsidian) e doutras referencias que van saír tamén en exclusiva baixo o paraugas de Epic Games.
Relacionadas:
-
RADIO.- 'Yuppie Psycho', un videoxogo desenvolto en Galicia, a análise na Gruta de Gizamaluke
Por Redacción |
-
RADIO.- A gruta de Gizamaluke recolle varios lanzamentos da industria do videoxogo
Por Redacción |
-
RADIO.- A gruta de Gizamaluke: Onde está a maior colección persoal de videoxogos?
Por Redacción |
-
RADIO.- A gruta de Gizamaluke xoga ao lanzamento do ano en Steam 'Sekiro: Shadows Die Twice'
Por Redacción |