No ano 2002 a Asociación Down Pontevedra Xuntos poñía en marcha o programa 'Emprego con apoio', unha iniciativa que facilita a empregabilidade dos usuarios da asociación. O ano pasado dezasete das dezaoito persoas que formaban parte do programa estiveron a traballar durante todo o ano. Algunhas mesmo,compaxinando varios empregos nas vinte e tres empresas participantes.
Nas Conversas na Ferrería contamos con Sandra Simón, preparadora laboral do programa; Xiana Moreira e Miguel Pérez que son dous dos beneficiarios da proposta e África Rodríguez, xestora do Espacio Arroelo, unha das empresas que apostaron fírmemente pola iniciativa. Eles, como preparadores, empregados e empleadores comentan as súas experiencias.
"Desde Xuntos non falamos de normalidade, pero se dun importantísimo avance. Estes programas son necesarios para seguir apoiando a empleabilidad de persoas con discapacidade intelectual", explica Sandra, quen tamén é unha persoa de apoio cando se comeza a actividade nalgunha empresa.
Xiana traballa coa produtora Matriuska e Miguel pola súa banda exerce de masaxista naSociedade Deportiva Teucro e no Centro Torrado. Ela é unha das persoas que ten experiencia laboral no Espacio Arroelo, do que di que "non hai queixa ningunha porque todos os compañeiros son moi simpáticos e axúdante". Igual de satisfeita móstrase co seu actual emprego con Matriuska.
Miguel lembra o seu primeiro día de traballo, do que di "foi todo moi positivo e moi ben". Ademais destas horas e días de traballo, ambos están a preparar oposicións. Cóntannos doutra parte, como foi a súa primeira experiencia o pasado 28 de abril ante as urnas.
"Convertéronse en persoas fundamentais na empresa. Eu non podería facer o meu traballo diario na oficina sen eles -expón África-. Aprendemos que o mundo está cheo de persoas diferentes e que a partir de aí é desde onde hai que construír e aprender".
Miguel introduce unha reflexión sobresaínte durante a charla que mantemos en PontevedraViva Radio: "é un mérito tamén pola súa banda, porque é moi importante a empatía. E querer é poder e nunca hai que deixar de loitar".