RADIO.- A gruta de Gizamaluke: Entérate do que tes que saber sobre o remake de 'Final Fantasy VII'
Por Redacción
En que se fixaron esta vez os protagonistas deste podcast semanal de PontevedraViva Radio? No décimo aniversario dun videoxogo mítico: 'Minecraft'. Carlos Pereiro, Ana Beloso e Juan Sanmartín despezan as historias que o rodean e do que foi.
Outro referente desta industria no que se recrean é o remake de 'Final Fantasy VII' que se anuncia para novembro. Se queres saber máis doutros títulos... terás que escoitalos.
E por que está esta semana en A gruta de Gizamaluke Keanu Reeves? Porque Mike Bithell, creador de 'Thomas Was Alone', é o director de 'John Wick Hex', cuxa data de saída aínda non se sabes, pero será exclusivo de Epic Games Store.
Non é o único que está na sección 'Que pasa no mundo?', por exemplo a nova tempada, e van nove, de ' Fortnite'. Ou unha de cal e outra de area: mentres Tencent non consegue entrar no mercado chinés con 'PlayerUnknown’s Battlegrounds', outro título como ' Mordhau', xogo de loita medieval, converteuse noutro dos éxitos de Steam.
Relacionadas:
-
RADIO.- A gruta de Gizamaluke: Chega xuño, o mes da E3 e Faro Gaming
Por Redacción |
-
RADIO.- 'A Plague Tale: Innocence', os protagonistas inocentes a análise en 'A gruta de Gizamaluke'
Por Redacción |
-
RADIO.- 'Borderlands 3' e 'Days Gone', a xuizo dos gamers de 'A gruta de Gizamaluke'
Por Redacción |
-
RADIO.- 'Yuppie Psycho', un videoxogo desenvolto en Galicia, a análise na Gruta de Gizamaluke
Por Redacción |