Nun momento no que se fala das novas tecnoloxías como posible ameaza para moitas profesións, aparecen tamén propostas emprendedoras que poden dar osíxeno a traballos tradicionais como é o de redeira. De feito, así está a resultar a experiencia que está a vivir a invitada deste Cara a cara, Catalina González Bea.
Falamos dun traballo eminentemente feminino ao que se dedican unhas mil duascentas mulleres en España, das cales case o 67% están en Galicia. Un oficio, di, "polo que as novas xeracións non se interesan, quizá en parte, responsabilidade nosa porque non sabemos transmitirllo adecuadamente".
Catalina González decidiu moi, moi nova, dar continuidade ao traballo que fixeran a súa nai e as súas avoas. Esta "insumisa da política" como ela defínese, foi durante vinte anos concelleira e alcaldesa de Sanxenxo. Tras aquela etapa, e xa de novo exercendo de redeira, sumouse á proposta da coruñesa Gema Neira que a través de Cholita Cormeconverte en complementos, moviliario e ata de adornos do Nadal.
A iniciativa non é baladí, engade, porque "cando os barcos non nos demandan actividade, este é un complemento que permite desestacionalizar o traballo, ter unha continuidade e unha estabilidade laboral"; e ademais "descubrinme unha vea artística que descoñecía". PontevedraViva Radio charla cunha portonovesa que non se amedrentou como muller, como nai, como política, como emprendedora, nin como redeira. Esa é Catuxa.