Os de Sempre, pregoeiros do Entroido 2014
Por Alejandro Espiño
Os de Sempre é unha das agrupaciones máis activas no carnaval pontevedrés. Levan participando nel desde 1968 "cando aínda non se celebraba na rúa, senón no Casino Mercantil", explicaba un dos seus fundadores, Carlos Mouriño. Por iso, o Concello de Pontevedra elixiunos para ser os pregoeiros do Entroido 2014. Relevan en dita responsabilidade a Caqui Viñas, o encargado de dar o último pregón.
Son a formación máis veterana do Entroido local e por iso, o goberno municipal quixo premiar a súa "participación directa" e a súa "implicación persoal" nesta festa. ÿ unha forma, dixo a concelleira de Festas, Carme da Silva, de recoñecer "a este e outros moitos grupos que fan posible as actividades do Entroido ao aire libre". Neste sentido, afirmou que "é imposible pensar no desfile ou na Mostra da Parodia sen o entusiasmo que caracteriza a Os de Sempre".
O pregón do Entroido 2014 lerase o próximo 28 de febreiro, ás 21.00 horas, na Praza da Verdura. "Probablemente non sexamos os mellores pregoeiros pola nosa forma de facelo", explicou Carlos Mouriño, xa que sinalou que "nós non somos escritores nin literatos, pero temos reservada unha sorpresa para que participen todos os cidadáns de Pontevedra". Será, iso si, o primeiro pregón conxunto do entroido pontevedrés.
Aínda que non quixo desvelar ningún detalle sobre a súa intervención, Carlos Mouriño adiantou que Os de Sempre representarán unha das súas parodias, un dos elementos que máis lles identifican, sobre o escenario. Non descartan subir os 17 membros que compoñen a agrupación na actualidade. "Xa estivemos preguntando que tamaño ten o escenario para ver se collemos todos", bromearon. En todo caso avanzan que será un pregón único e inesquecible.
Mouriño, o único que leva na formación desde a súa creación, recordou que as orixes de Os de Sempre remóntanse á época na que o entroido organizábano diferentes sociedades baixo teito. No seu caso, participaban anualmente na celebración do Mercantil. "Chegamos a ir ata con cinco disfraces diferentes", recorda. Adoitaban recibir numerosos premios, tanto que "dicían que gañaban os de sempre e xa nos quedou ese nome".
O incendio da discoteca Alcalá 20, no que faleceron 82 persoas, provocou que a partir de 1984 o entroido pontevedrés saíse á rúa, por medo a que puidese suceder algo similar. O primeiro ano "foi cousa de última hora, fíxose todo dun xeito moi precipitado". Inicialmente utilizábanse, sinalaron, "cartóns, teas ou táboas das caixas de froitas", pero agora os gastos dispáranse xa que contan con dúas plataformas e electricistas e soldadores entre os seus membros.
Participan habitualmente no desfile de carnaval e na Mostra da Parodia "sempre con disfraces diferentes", matizan. Entre eles, recordan moitísimo agarimo algunhas propostas como O trolebús, Os panadeiros, o Full Monty e, especialmente, o trole a Marín, unha das súas primeiras parodias. Téñenlle un "agarimo especial", recordan, porque "levábamos locomotora e vagóns e íamos tan ben caracterizados que cando chegamos á parada houbo xente que se subiu".
Cada ano o seu investimento en disfraces "non baixa dous 2.500 euros" e o recadado en premios "nos que temos un bo historial e un bo caché a pesar de que actualmente hai máis competencia" non chega para compensar o gasto. "Antes daba para pagar unha mariscada para todos, agora xa nin iso", sinalan. Pero iso non impide que afronten cada entroido coa mesma ilusión de todos os anos. Aínda que recoñecen que este será especial, eles serán os pregoeiros.
Relacionadas:
-
O Entroido 2014 chega con 'Ravachol Fórtex', un medicamento con "altas doses de divertinina" contra os recortes
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Ravachol e as 'madamas' e os 'galáns' de Cobres enchen de cor a Praza do Obradoiro
Por Redacción |
-
Morreu Ravachol... ¡Viva o Entroido!
Por Diego Torrado |
-
Os soldados da Brilat tamén son PTV e agora... gañadores das Murgas 2013
Por Diego Torrado & Natalia Puga |
-
Creatividade e crítica social inundan Pontevedra no seu XXX desfile de Entroido
Por Diego Torrado |