Ariel e Tina, dous exemplos de como os cans serven de "estímulo social" para nenos con Síndrome de Down
Que os mozos con Síndrome de Down aprendan a ser responsables cos animais. ÿ o obxectivo co que se celebrou este xoves unha xornada de sensibilización animalista na sede da Asociación Xuntos. Dúas cadelas que foran abandonadas e que foron recollidas pola Asociación Coordinadora de Protectoras de Pontevedra (Acopo) para a súa adopción foron as protagonistas desta actividade.
"No estamos hablando de adiestramiento ni de terapia con los niños", explicou a presidenta da asociación, Verónica Trillo. "Al no trabajar con un refugio, sino con casas de acogida y familias sabemos perfectamente cómo responden los perros y por ello los hemos traído para que interactúen con ellos". Supón, dixo, un "estímulo social" para este colectivo porque "les hacen sentirse responsables".
Na charla buscábase ademais concienciar e sensibilizar a estes mozos de que "tener un animal en casa es para toda la vida", fomentando a adopción fronte á compra e que a decisión de incluír a un animal na familia "no sea un capricho o un juguete de navidad que luego en verano termina en cualquier sitio". E, por suposto, educarlles nos coidados de cans e gatos, principalmente, e na conduta cívica que deben ter como donos.
Neste sentido, "a maioría deles xa teñen cans na casa e vemos positivas este tipo de actividades para previr os abandonos", sinalou Luís Montes, técnico de formación da Asociación Xuntos. "Para nós é importante que estes rapaces entendan o que implica ter un animal, que asuman esa responsabilidade de darlle os coidados necesarios", destacou, así como a interacción social que lles obriga a ter nunha cidade "ao sacalos a pasear ou ir ao parque".
Neste taller de interacción con animais, os mozos puideron relacionarse con dúas cadelas. Unha delas, Ariel, que leva varios meses cunha nova dona tras ser rescatada da situación deplorable na que estaba cando foi abandonada; e Tina, actualmente nunha casa de acollida na que convive cunha familia.
A intención de Xuntos e de Acopo é repetir periódicamente este tipo de actividades.