Detido un home de 40 anos por empuxar a súa parella provocando que caera polas escaleiras
Por Redacción
O martes 9 de xaneiro, un home de 40 anos era detido pola Policía Local de Pontevedra como presunto autor dun delito de violencia machista contra a súa parella, unha muller de ao redor de 33 anos de idade.
Os feitos producíanse sobre as 08.30 horas nun establecemento da cidade.
O parte da Policía Local recolle a versión da vítima na que explica que durante unha forte discusión entre a parella, o home empuxouna. Esta acción provocou que a muller caera polas escaleiras que daban a un soto.
A caída provocoulle feridas en distintas partes do corpo. A discusión produciuse, segundo o parte policial, diante do fillo menor de idade.
Unha compañeira de traballo do home detido encargouse de apartar ao menor da discusión.
Tras a denuncia, axentes da Policía Local procederon á detención do presunto agresor.
Relacionadas:
-
As mulleres farmacéuticas serán homenaxeadas en Marín neste 8 de marzo
Por Oskar Viéitez |
-
A Fiscalía pide máis de 25 anos de cárcere para un traballador de axuda a domicilio
Por Oskar Viéitez |
-
Oferta de prazas para obradoiros e actividades da Escola Feminista para a Mocidade
Por Redacción |
-
Detido un home por un presunto delito de violencia machista na cidade
Por Oskar Viéitez |
-
A Subdelegación do Goberno celebra unha xornada formativa sobre prostitución e trata de seres humanos
Por Redacción |