Antonio Berengua despídese de 40 anos de xudicatura reclamando "más jueces" para mellorar a Xustiza
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
Puxo a toga durante 37 anos, pero este 2014, o día en que fixo os 70, tivo que xubilarse de forma forzosa. Leva un mes afastado do exercicio da xudicatura e non pode ocultar que o bota de menos, pero este venres non era momento de lamentos. Este venres o maxistrado Antonio Berengua foi condecorado coa Cruz de San Raimundo de Peñafort nun acto formal na Audiencia Provincial de Pontevedra ao que seguiu un máis informal e emotivo, unha comida de homenaxe dos seus compañeiros.
Xuíces, fiscais, avogados e autoridades policiais e civís quixeron acompañar este xuíz pontevedrés no seu día, no que o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Miguel Ángel Cadenas, se desprazou a Pontevedra para impoñerlle a Cruz e no que os que o acompañaron no día a día da tarefa de impartir Xustiza quixeron recoñecer o seu traballo. O propio Cadenas insistiu en que a distinción se lle concedeu "por los servicos prestados, por supuesto, no por la jubilación".
El mostrouse atordado por tantas mostras de cariño, pero encantado con tanto afecto, que "es lo que a mi me gusta, estar con los amigos y las amigas porque detrás de esto el que menos vale soy yo". Recibiu a concesión desta medalla "con sorpresa, pero, sobre todo, con cariño", sobre todo porque lle chegou traballando en Pontevedra, a súa cidade. "Cuando es en el pueblo de uno, al que quiero mucho, eso vale mucho más, estar en tu pueblo y que tengas afecto", indica.
Os bicos, abrazos, palabras de recoñecemento que este venres lle deron os seus antigos compañeiros na Audiencia Provincial de Pontevedra son para el "la compensación al desánimo que trae esta situación (...) cuando se lleva 40 años trabajando, claro, uno de la noche a la mañana no suele estar bien. Entonces, esto lo compensa, cualquier posible disgusto, que arropen a uno".
Terse ido para a casa e deixar unha profesión que lle levou por cidades como Madrid ou Barcelona ou pobos como Quiroga non lle está a resultar sinxelo, de modo que o maxistrado recoñece que "sigo trabajando porque a mi me gusta mucho el estudio del Derecho, pero ya de otra forma en mi casa, leyendo lo que me gusta".
Non é sinxelo, pero está a recibir o apoio daqueles cos que traballaba ata hai unhas semanas como presidente da Sección Cuarta de la Audiencia e o respaldo (así como o cariño público deste venres) lle fixo darse conta de que "estas cosas lo que tienen más de bonito es el fondo de cariño y de afecto que tienen con uno. Lo demás es un trabajo y se terminó".
O día do seu recoñecemento tamén tivo un momento para trasmitir as súas demandas para que a Xustiza siga funcionando. A principal necesidade que el ve para mellorar é "que haya más jueces y juezas, eso es fundamental. Para atender los asuntos se necesitan personas que sigan haciéndolo". Ademais, móstrase reticente á lei de taxas que puxo en marcha o ministro Alberto Ruíz Gallardón, pois "supone para personas de dificultad económica un paso atrás en sus legítimas aspiraciones".
Entre os que o avalaron estaba Miguel Ángel Cadenas e el tamén respondeu ás preguntas dos medios de comunicación sobre o posible impacto da Lei de Taxas na cidadanía: "indudablemente en el contexto económico actual el introducir una tasa donde antes no la había es un condicionante añadido que hace más gravoso acudir a la Justicia".
Cadenas asegurou que me "me consta que ha descendido en determinadas materias el número de demandas presentadas o el número de recursos articulados, en especial en materia civil y contencioso administrativa", pero non quixo atribuír esta tendencia de forma directa á nova lei, pois "es una valoración que debe hacerse en las memorias judiciales y, sobre todo, los Colegios de Abogados y Procuradores o las propias asociaciones judiciales".
Dende a parcela que lle toca, el tamén fai as súas demandas de como podería mellorar a Xustiza en Galicia e en Pontevedra en particular, pero é consciente das restricións que impón a actual crise económica, pois "desde el año 2010 no se creó ningún juzgado". Unha destas necesidades sitúase en Vilagarcía de Arousa, onde xa se reclamara a creación do cuarto xulgado, pero Cadenas non ve "factible" que "en un futuro inmediato" se cubra a demanda. "Hoy por hoy, hay que derivar a la posibilidad de refuerzo" frente a la creación de nuevos órganos.