Dez mil euros en premios para o Entroido de Marín
Por Oskar Viéitez
A concellaría de Cultura do Concello de Marín abriu o prazo para anotarse no Entroido 2014 e participar nos desfiles que terá lugar eses días, para os que se destinarán máis de dez mil euros para repartir en premios.
Ao igual que en anos anteriores, as inscricións faranse no Museo Manuel Torres.
O concurso desfile celebrarase en domingo 2 de marzo. A concentración dos participantes será a partir das 16:00 horas na Praza do Regueiro, diante de Casa Pilán, e a continuación desfilarán polas rúas Praza do Regueiro, Avenida de Ourense, Praza de España, Almuiña, Avenida Jaime Janer, Concepción Areal, ata rematar no Parque Eguren.
Ás 20:00 horas na Praza do Reloxo daranse a coñecer os gañadores nas diferentes categorías.
A concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, tamén informou que o tradicional desfile-concurso infantil se celebrará o sábado 1 de marzo a partir das 16:30 horas.
A inscrición terá lugar no Palco da Música a partir das 15:30 horas ata as 16:15 horas, para, dende alí, percorrer as rúas Rosalía de Castro, Rúa Real, praza do Reloxo, rúa do Sol, Doutor Touriño, Avenida Jaime Janer para rematar de novo na Alalmeda.