Pese ao 100% de seguemento da folga, ENCE non parou
Por Oskar Viéitez
O comité de empresa de ENCE valorou o seguemento da folga nun "cien por cien".
O presidente do comité, Jesús Graña, lamentou que pese a este "éxito " da convocatoria aínda houbo moita xente traballando. Esta aparente contradicción débese aos servizos mínimos dictados pola empresa "sen dúbida excesivos, polo que imos a estudar a presentación dunha posible denuncia".
"Nos entendemos que os servizos mínimos non deberon ser impostos pola dirección senón pactados co comité", afirmou Graña.
"Ademáis estes servizos mínimos terían que limitarse ao mantemento e seguridade xa que non somos unha empresa pública", engadiu,"sen embargo non foi así e empregaron estes servizos para seguir traballando".
Pese a estar programado un paro de 24 horas, das 22:00 horas do venres ás 22:00 do sábado, a xornada de folga arrancou á unha da madrugada e o funcionamento da pasteira reanudouse con normalidade as seis da tarde do sábado.
"Para a vindeira ocasión tenremos que convocar 48 horas ou facer unha folga indefinida", sinalou o presidente do comité de ENCE-Pontevedra, Jesús Graña.
A plantilla de ENCE protestou pola reducción de persoal que afectou ao departamento de secapastas na línea de atado. Segúndo as explicacións dos traballadores a dirección da celulosa prescindiu de algúns postos de traballo tras introducir unha mellora tecnolóxica.
Esta á a primeira das dúas xornadas de paro anunciadas pola plantilla de Ence. A segunda será o 14 de novembro coincidiendo coa folga xeral.