O colexio Álvarez Limeses pide ao Concello que solucione o problema de limpeza no seu comedor
Por Oskar Viéitez
A directora do colexio Álvarez Limeses de Pontevedra, Aurora Cañizares, e o aínda presidente da Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) e novo dirixente da Fanpa, Rogelio Carballo, reuníronse este mércores co concelleiro de Educación, Agustín Fernández, para trasladarlles os problemas do centro centro "sobre todo después de los temporales que estamos sufriendo".
Tellas movidas, caneiros obstruídos, goteiras e "la necesidad de lavarle la cara al centro", son os principais danos segundo relatou a directora tras esta "primera toma de contacto". O concelleiro recolleu a demanda, advertíndolles que a reparación destes danos terá que esperar a que o tempo mellore.
Outro dos asuntos que se abordou na reunión foi a necesidade de dotar dun servizo de limpeza ao comedor do colexio.
Segundo detallou Agustín Fernández "existe un problema de coordinación que hay que solventar entre la concejalía de Educación y la de servicios".
En concreto, a limpeza do edificio que acolle o comedor do Álvarez Limeses non está incluída no prego de condicións da empresa concesionaria CESPA, xa que o edificio se recuperou a posteriori.
"La solución definitiva vendrá cuando haya un nuevo pliego y una nueva concesión, pero mientras tanto habrá que buscar una alternativa, hablando con la empresa", dixo Agustín Hernández, un asunto do que encargará a concelleira responsable do servizo, Carme Dasilva.
Mentres tanto, de xeito provisional, terán que ser as empresas responsables do comedor e do Plan Madruga as que teñan que "limpiar aquello que manchen". Sen restar importancia a esta situación, Agustín Fernández descartou que exista un problema de salubridade.
EDIFICIO ANEXO
Ademais Agustín Fernández formulou a idoneidade de destinar un edificio municipal situado no recinto escolar e que se encontra en estado de abandono para dedicalo a actividades pedagóxicas da comunidade educativa do centro.
Neste sentido coincidiu plenamente coa directora, que indicou que "el colegio tiene 448 alumnos, está lleno completamente y necesita más espacio para poder ampliar la oferta del centro, nos vendría estupendamente para una biblioteca, una sala de psicomotricidad o aulas de infantil".
O concelleiro afirmou que "evidentemente es un tema que tienen que hablar con la Xunta de Galicia para que sea ella la que actúe ya que aunque el edificio es municipal la actuación le corresponde a la Xunta", xa que haberá que rehabilitar o inmoble.
PRESIDENTE FANPA
Aproveitando a situación o novo presidente da Fanpa interesouse pola renovación do convenio co concello "que está pendiente de informe de los servicios jurídicos", segundo o edil de Educación.
Será o seu último actividade como presidente do Anpa do colexio pois esta tarde abandonará o cargo nunha reunión da xunta directiva, para decicarse plenamente á Federación.
Relacionadas:
-
A Anpa do Álvarez Limeses trasladará á Fiscalía a repartición de subvencións por "suposta prevaricación"
Por Oskar Viéitez |
-
Jacobo Moreira únese ás peticións da ANPA do Álvarez Limeses para a limpeza do comedor
Por Redacción |
-
Rogelio Carballo substitúe a Alberto Pita á fronte de Fanpa Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O PP interésase pola cesión dun edificio para a ANPA do Álvarez Limeses
Por Oskar Viéitez |