Baléiranlle a carteira mentres enchía o depósito
Por Oskar Viéitez
Axentes da Policía Nacional procederon á identificación dun home e unha muller de 53 e 49 anos de idade respectivamente, con domicilio en Pontevedra, o home con antecedentes policiais, como presuntos autores dunha falta de furto.
Segundo consta na denuncia, a vítima, un veciño de Pontevedra, tras recargar gasolina nun establecemento da cidade de dirixiu ao interior para pagar en caixa, decatándose posteriormente que deixara a súa carteira enriba do mostrador da gasolineira.
Ao regresar ao lugar comprobou como a súa carteira desparecera polo que interpuxo a denuncia en dependencias policiais.
No interior da carteira ademais da documentación portaba 195 euros en efectivo.
Segundo informan fontes oficiais da Comisaría Provincial, a raíz da denuncia iniciáronse as investigacións para descubrir a identidade do presunto autor da subtracción da carteira que foi identificado polos axentes o día 7 de febreiro.
Os axentes comprobaron como unha muller que se encontraba no mesmo establecemento subtraeu a carteira que o denunciante se deixou esquecida e tras subir a un vehículo en compañía dun varón recoñeceu ter decidido quedar co diñeiro e tirar a carteira despois.
Unha vez na Comisaría os axentes imputáronlle a ambos os dous unha falta de furto.